| Aluguer bicicletas |
|
BicicletARES: (Aparcadoiro CC Outeiro / 4 Unidades) En principio, concíbese coma un servizo estacional, xa que tendo en conta as características do pobo e a climatoloxía, será nos meses de primaveira-verán cando máis demanda terá, aínda que cabe a posibilidade de poder ofertalo durante máis meses. Xa que logo, falamos de abrir o servizo no mes de abril, durante a Semana Santa, por ser esas datas as primeiras nas que se rexistra unha grande afluencia de visitantes ó municipio. Dende ese momento, e ata o mes de setembro incluído, será sen dúbida o período de mais forte demanda do servizo. NORMATIVA O servizo de aluguer de bicicletas ten carácter exclusivamente lúdico, para o paseo e o desprazamento polo municipio, e de fomento do uso deste vehículo e está dirixido as persoas físicas. A bicicleta destinarase a realizar percorridos polo termo municipal e preferentemente polos trazados propostos nos roteiros a tal efecto confeccionados. O servizo de aluguer de bicicletas ofrecerase no Centro Cultural da Alianza Aresana e na Oficina de Información Turística, se a houbera. O horario do servizo será de 10 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, de luns a sabados. Os domingos o servizo funcionará de 10 a 13:30. O servizo ofrecerase entre os meses de abril e setembro de 2007, ambos incluídos, agás: Os día 22 de maio, 25 de xullo, 4,5, 11, 12 e 15 de agosto. A bicicleta alugarase durante a mañá, a tarde, ou todo o día dentro dos horarios fixados. Unha vez transcorrido o tempo de aluguer devolverase no mesmo sitio onde tivo sido alugada. O usuario/a do servizo de alugueiro de bicicletas, identificarase mediante o DNI, carnet de conducir ou pasaporte en vigor antes de acceder o aluguer do vehículo, debendo deixar en depósito dito documento ata a devolución da bicicleta, e pagar en efectivo a taxa estabelecida de: 2 € por aluguer en xornada de mañá ou de tarde, e de 4 € no caso de aluguer por todo o día ata as 20 horas. No caso de grupos de tres ou máis alugueres, o prezo estabelecido será de 1€ pola mañá ou tarde, e de 3€ no caso de todo o día, ata as 20 horas. Os usuarios/as menores de 18 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta que encherá unha autorización para poder facer uso da bicicleta. As bicicletas e os seus equipos solo poden ser utilizados polas per soas que fagan o aluguer. O Concello está eximido dos danos co usuario/a poida sofrir ou producir namentras fai uso da bicicleta e non se responsabilizará dos danos ou perxuicios producidos polo uso da mesma, nen dos causados a terceiros polo usuario/a desta. O usuario/a é responsable de estar asegurado cunha adecuada cobertura contra riscos que poidan darse durante o período de aluguer. O usuario/a está obrigado a ter bo cuidado así como a tomar as precaucións necesarias para a protección das bicicletas e os equipos de danos, pérdidas ou roubos. De producirense calquera ds mencionados sucesos durante o tempo de aluguer, o cliente asumirá de maneira inmediata a totalidade dos custes de reposición a prezo de mercado. Ó tempo a bicicleta devolverase no mesmo estado no que se atopou (limpa). Ó remate do período de aluguer un representante municipal determinará as condicións de entrega do material alugado e valorará no caso as perdas ou danos ocasionados. O usuario/a está obrigado en todo momento a amarrar correctamente as bicicletas ós aparacabicis cando nos están á vista ( pasando o candado polo cadro, sillín e rodas). Recoméndase en todo caso mantelas consigo mentras sexa posible. No caso de calquera percance ou accidente o usuario/a deberá por en coñecemento do mesmo ó Responsabeis do servizo de aluguer municipal. No caso de roubo o usuario/a deberá realizar a denuncia diante da policía, e comunicar o feito ós responsabeis do servizo presentando a correspondente denuncia. Un seguro de cobertura por Responsabilidade Civil está incluído no prezo de aluguer da bicicleta. É responsabilidade do usuario/a respetar as normas de tráfico en vigor. |








