Estatutos

ESTATUTOS DO CENTRO CULTURAL OUTEIRO

Chanteiro - Ares – A Coruña

CAPITULO 1- Da denominación, fins e enderezo

CAPITULO 2- Dos asociados

CAPITULO 3- Da administración e goberno

CAPITULO 4- Dos recursos economicos

CAPITULO 5- Da reforma dos estatutos e disolución da asociación

CAPITULO 6- Do regulamento de reximen interno

CAPITULO 7- Disposición transitoria

CAPITULO I– DENOMINACIÓN, FINS E ENDEREZO

ARTIGO 1- Esta asociación se denomina CENTRO CULTURAL OUTEIRO de CHANTEIRO e terá un ámbito de acción territorial limitado o lugar de CHANTEIRO no Concello de Ares ( A Coruña) o ámparo da lei 1/2002 do 22 de Marzo.

ARTIGO 2- Esta Asociación gozará de personalidade xuridica de seu, a tal fin solicitará a debida aprobación da autoridade competente. Elo implica a sua plena capacidade e responsabilidade para actuar e obrar en todo aquello que poida favorecer o cumplimento dos fins que lle son propios.Se acolle a normativa legal vixente, acollendose por tanto as mesmas.

A sua constitución será por tempo indefinido

ARTIGO 3- Constitue po-lo tanto o seu obxeto é promociona-la cultura e o deporte asi coma toda clase de espallamento entre os seus asociados e asociadas, constituindose por todo ilo, dentro da propia sociedade unha sección de carácter deportiva que sen prejuicio de rexirse po-los seus estatutos autonomos estan supeditados os xerais que aquí se dictan.

ARTIGO 4- O enderezo social será no edificio sito no lugar de OUTEIRO – Chanteiro Nº 46, no concello de Ares, construido e custeado po-la prestación persoal dos asociados fundadores, nos terreos que foron doados para estas fins

CAPITULO II- DOS ASOCIADOS

ARTIGO 5- Poderán ser socios ou socias toda-las persoas que simpaticen coas fins desta asociación. Os socios e socias que non residan no ámbito territorial da asociación non poderán ocupar cargos directivos a menos que asi o decida expresamente a asamblea xeral a que se refire o artigo 26 dos presentes estatutos.

ARTIGO 6- A admisión de socios ou socias e facultade da Xunta Directiva, que decidirá a procedencia ou non da admisión de aqueles ou aquelas que tendoo solicitado en forma,cumpran os requisitos establecidos nestes estatutos. Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociado:

FUNDADORES- Todos aqueles iniciadores que o foron antes da data da constitución.

NUMERARIOS- Aquelas persoas que ingresaron con posterioridade a suscripción da acta fundacional.

HONORARIOS– A quelas persoas que a xuicio da asamblea xeral axuden de xeito notable o desemvolvemento dos fins da asociación.

INFANTIS– Aquelas persoas menores de 18 anoas que participen na asociación. Os asociados e asociadas Honorarios e infantis non inservirán na dirección da asociación nin nos organos de representación da mesma, peo están facultados para asistir a asambleas xerais con voz pero sen voto.

ARTIGO 7- Todos los socios e socias terán dereito a :

  • Asistir as asambleas xerais
  • Poder ser elegidos ou elegidas para calquer cargo da directiva según o desposto no artigo 5 dos presentes estatutos
  • Dispor dos servicios e beneficios que a asociación poida facilitar
  • Participar nas actividades comuns e beneficiarse dos seus resultados
  • Fiscaliza-las contas
  • Recibi-la oportuna información
  • Ofrecer sugerencias e iniciativas a directiva e elevar propostas a samblea xeral
  • Esixir o cumpliomento dos presentes estatutos
  • Ter como beneficiario das actividades que a asociación realice o seu conxugue, fillos e fillas menores de idade, ou mayores que dependan económicamente do asociado, asi como outros familiares que convivan con él é estan as suas expensas

ARTIGO 8- Ningún socio ou socia podera realizar individualmente actos en Nome da asociación si de elo non dá previamente coñecemento a Xunta Directiva, para a sua aprobación si procede.

ARTIGO 9- Serán deberes dos socios e socias:

  • Cumpli-los preceptos dos estatutos e dos regulamentos internos da asociación que pudieran aprobarse en asamblea xeral
  • Paga-las cotas anuales, Semestrales, trimestrales ou mensuales
  • Satisface-la cota de entrada que estivera establecida po-la asamblea xeral ou as extraordinarias que se quedasen a se acordar
  • Colaborar coa xunta directiva
  • Procura-la mais estreita unión entre socios e socias
  • Acepta-lo cargo para o que fora elegido
  • Observa-la maxima corrección e bó comportamento nos locales da asociación

ARTIGO 10- Perdera-se a condición de socio ou socia por:

  • Baixa voluntaria comunicada oportunamente
  • Falta de pago de mais de dous recibos , logo de ser avisado po-la xunta directiva
  • Por acordo da asamblea xeral
  • Cando se dea algunha falta grave de esprito comunitario intentando entorpecer ou perjudica-la marcha e o funcionamento da asociación o upo-lo mal trato dado as instalacións, mobles ou inmobles que estean o servicio da asociación, a xunta directiva proporá a sua expulsión sometendo esta decisión a unha asamblea xeral que o efecto se convocará é decidirá sobor do tema
  • En calquera dos dous casos que se mencionan o socio ou socia non terá dereito algún a indemnización ou retorno das suas aportacións a asociación

ARTIGO 11- O socio ou socia que cause baixa voluntaria e desexe reingresar de novo ten que satisfacer toda-las mensualidades atrasadas ou a cota de entrada que estea establecida.

Quen tivera que ausentarse por un longo periodo de tempo( superior os seis meses) poderá solicitar a sua baixa temporal sin abono das cotas mensuales en tanto dure a ausencia.

ARTIGO 12– A xunta directiva queda facultada para conceder tarjetas de socio eventual po-lo prazo dun mes para aqueles que accidentalmente residan na localidade ou desexen concurrrir a algunha das actividades no local social

CAPITULO III- DA ADMINISTRACION E GOBERNO

ARTIGO 13– A asociación rexera-se po-los presentes estatutos e no seu defecto po-la lei de asociacións e demais normas vixentes no seu caso, é os seus organos rectores seran a asamblea ou xunta xeral de asociados e na sua representación a xunta directiva

ARTIGO 14- A asamblea xeral designará por voto os membros da xunta directiva e os cargos que cada un terá dentro dela. Ditos cargos serán

Presidente ou Presidenta, Vicepresidente ou Vicepresidenta, Secretario ou Secretaria, Vicesecretario ou Vicesecretaria, Tesoureiro ou Tesoureira e cinco vocales

ARTIGO 15- A actuación da xunta directiva é decisoria e ejecutiva, os seus acordos requiren mayoría simple

ARTIGO 16– Os cargos da xunta directiva serán totalmente gratuitos e a sua duración será de dous anos (2) podendo os seus membros ser reelexidos para os cargos que viñan de ocupar.A xunta directiva ten que renovarse por metade cada ano, renovandose no primeiro turno os cargos de presidente ou presidenta, secretario ou secretaria, tesoureiro ou tesoureira e vocales pares. En segundo turno os restantes membros

As vacantes que se produzan na xunta directiva durante este periodo serán cubertas por dita xunta e confirmadas po-la asamblea xeral, rematando o seu ejercicio cando tivera que rematar o correspondiente directivo reemplazado

ARTIGO 17– A xunta directiva reuniráse po-lo menos unha vez o mes Baixo a presidencia do presidente ou presidenta e no seu defecto po´lo vicepresidente ou vicepresidenta. A ausencia dun directivo ou directiva injustificadamente durante tres reunións consecutivas dará lugar o seu cese do cargo directivo.A xunta directiva considérase constituida sempre que previa convocatoria atópense no local onde debe ter lugar a reunión lalomenos o presidente ou presidenta, o secretario ou secretaria e dous membros mais

ARTIGO 18– Poderá reunirse a xunta directiva con carácter extraordinario cando o soliciten tres dos seus componentes ou por convocatoria do presidente ou presidenta ou vicepresidente ou vicepresidenta

ARTIGO 19– A xunta directiva queda facultada para interpreta-los presentes estatutos asi como para resolver calquera cuestión non prevista neles, dando conta para a sua aprobación a primeira asamblea xeral que se celebre con posterioridade

ARTIGO 20– Corresponderá o presidente ou presidenta a representación legal e oficial dos documentos da asociación, asi como representa-la legalmente ante toda clase de organismos públicos e privados, dirixi-los debates nas sesións, decidindo co seu voto cando exista empate, convocar xuntas, cumplir e facer cumplir os acordos da xunta directiva e xunta xeral, resolver por el mesmo toda cuestión que po-la sua importancia ou urgencia sexa necesario para o mellor cumplimento dos fins da asociación, estando obrigado a dar conta de ilo a xunta directiva, autorizar coa sua sinatura as actas , certificacións e outros documentos, sendo asemade director ou directora dos servicios da asociación

ARTIGO 21– Corresponde o vicepresidente ou vicepresidenta as funcións que foran atribuidas o presidente ou presidenta, no caso de que po-la sua ausencia lle atribuira, é en todo caso a solicitude do presidente, auxiliar o mesmo nas suas funcións

ARTIGO 22– O secretario ou secretaria terá o seu cargo o arquivo e custodia dos documentos da asociación, redactará as actas e a memoria anual,dará cumplimento os acordos da xunta directiva, extenderá as convocatorias e terá o seu cargo o libro de rexistro de asociados e asociadas, de altas e baixas e todo o funcionamento administrativo da asociaciójn, auxiliando o presidente ou presidenta, e o vicepresidente ou vicepresidenta nos cometidos que estes lle encomenden.En xeral, terá Baixo a sua dirección o reximen interior da asociación

ARTIGO 23- O vicesecretario ou vicesecretaria auxiliará o secretario ou secretaria na totalidade das suas funcións, sustituindoo nas funcións que este lle encomende

ARTIGO 24- O tesoureiro ou tesoureira terá Baixo a sua custodia os fondos e valores da asociación e intervirá coa sua sinatura en todo-los documentos de cobro e pago co conforme do presidente;levará o libro de ingresos e gastos de contas corrientes , redactará os presupostos , balanzos, estados de contas, ordenará o cobro de cotas, en xeral terá o seu cargo todo o funcionamento economico da asociación que deberá ter sempre o dia e a disposición dos asociados os dias que determine a xunta directiva . Tamén terá o seu cargo os libros oficiales de contabilidade e os auxiliares necesarios, e en xeral, todas aquelas funcións de tipo contable e fiscal a que pondera haber lugar

ARTIGO 25- Corresponderá os vocales suplir os demais membros da xunta directiva en caso necesario, dar conta o presidente ou presidenta da sua xestión normal e extraordinarias que lle foran encomendadas,estudiar e vota-los asuntos que se debaten no seno da xunta directiva, presidi-las comisións que foran necesario formar na asociación, en xeral desempeñar misións de cotio inherentes a tal cargo

ARTIGO 26– As asambleas xerais celebraranse duas veces o ano (2)con carácter ordinario, deberán convocarse con quince dias de antelación (15)coa exposición da orde do dia,na que se deberá incluir o estado de contas, renovación ou reelección de cargos da xunta directiva, darase lectura a memoria anual, rogos e preguntas Etc.Dtas asambleas xerais ordinarias levaránse a cabo no primeiro e terceiro trimestre do ano

Asemade poderanse celebrar asambleas xerais extraordinarias convocadas po´la xunta directiva ou a petición da terceira parte dos socios ou socias para tratar da disolución da asociación, reforma de estatutos, elección de xunta directiva e outros problemas de interese para a asociación

As asambleas xerais serán dirixidas po-lo presidente ou presidenta da asociación e no seu defecto po-lo vicepresidente ou vicepresidenta ou por calquera membro da xunta directiva que este designe.

ARTIGO 27– As asambleas xerais terán validez cando en primeira convocatoria asistan a metade dos seus componentes, é en segunda convocatoria media hora mais tarde cos asistentes presentes, sendo os acordos válidos cando sexan tomados con mayoría simple

CAPITULO IV– DOS RECURSOS ECONOMICOS

ARTIGO 28– Os medios economicos da asociación estarán constituidos po-las cotas dos seus asociados e asociadas e os bens, mobles e inmobles, rendas, subvencións, doazóns, legados e cantas aportacións se pudieran recibir e a asociación acepte

ARTIGO 29– A facultade de dispor de patrimonio da asociaciòn correspondelle a asamblea xeral de asociados e asociadas, a sua administración, conforme o que se estableza nos presupostos anuales, á xunta directiva

ARTIGO 30- A asociación escomenza o seu funcionamento co patrimonio fundacional do edificio social e os terreos que o circundan o cal ascende a un millon de pesetas ( 1.000.000)seis mil euros (6.000)

ARTIGO 31– A cota social establecerase na cantidade mensual, trimestral, semestral ou anual que a asamblea xeral acorde, con posibilidade de posterior modificación po-la mesma asamblea

O sistema recaudador será establecido po-la xunta directiva

ARTIGO 32– Establecera-se como limite máximo do presuposto anual da asociación a cantidade de seiscentos euros (600), esta cifra pode ser alterada por acordo adoptado po-la xunta xeral, sin que supoñan modificación formal dos estatutos, o aproba-los presupostos correspondientes a futuros ejercicios.

O exercicio economico será anual e o cierre será o 31 de Decembro de cada ano.

CAPITULO V- DA REFORMA DOS ESTATUTOS E DISOLUCION DA ASOCIACION

ARTIGO 33– Para a modificación dos estatutos será preciso o acordo da xunta xeral, convocada a tal fin con carácter rextraordinario e coa aprobación dos dous tercios (2/3) dos socios e socias presentes

ARTIGO 34– A asociación constituida só se pode disolver por acordo da asamblea xeral extraordinaria de asociados e asociadas expresamente convocada para tal fin, non tendo validez dito acordo si non é adoptado po-los dous tercios( 2/3) dos presentes

A asamblea xeral non poderá acorda-la disolución namentras un minimo de un tercio (1/3) dos socios e socias presentes estean dispostos a continua-la vida da asociación e se compromentan por escrito a soste-la económicamente facendose cargo da totalidade das responsabilidades sociales

ARTIGO 35- En caso de disolución, o patrimonio e bens desta asociación pasarán o concello para que este os destine en beneficio de obras civico – culturales e recreativas deste lugar de Chanteiro

CAPITULO VI– DO REGULAMENTO DE REXIMEN INTERNO

ARTIGO 36– O regulamente de reximen interno, no seu caso desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, non podendo ir en ningun caso en contra do estipulado nos mesmos, en todo caso o funcionamento interno da asociación estará sometido o ordenamento xurisdicional civil

CAPITULO VII– DISPOSICION ADICIONAL

En todo canto non estea previsto nos presentes estatutos, aplicarase a lei organica 1/ 2002 do 22 de Marzo por acordo da asamblea xeral extraordinaria de asociados con data de 28 de Marzo de 2004