Historia

Podemos facer un pouco de historia sobor da creación de esta Sociedade, orgullo lóxico dos veciños de Chanteiro po-lo esforzo colectivo para a construcción do edificio e a sua posta en funcionamento.

Os terreos nos que se erixe a edificación foron doados po-lo chanteirés emigrado a Estados Unidos Agustín Pena.Lozano En principio os terreos estaban destinados, por desexo do doante, a construir neles as Escolas de Chanteiro. Un desexo, por outra banda común en toda- la persoas que emigraron por necesidade e votaban en falta a incultura e instrucción, que eles non tivieron, pero desexaban que puideran te- las xeneracions que quedaban eiquí.

Pasaron moitos anos, os desexos expresos do doante non se cumpriron por deixadez das administracions públicas. E máis tarde, as disposicions dos organismos de Educación optaron po-la construcción de Grupos Escolares Comarcales Centralizados.

Entón, os veciños de Chanteiro, viron que podríase dar cumprida a idea do donante de que os terreos dedicarlos a "labores cívicas", e a tal efecto en 26 octubre de 1969, reunironse sobor do mismo terreo un grupo de veciños para ve- la dedicación que podría darse a finca, que estaba xa escriturada a nome do Concello de Ares, pero cunhas condicions e clausulas que indicaban o fin a que debería ser destinada.

En esta asamblea veciñal surxiu a idea de construir nestos terreos un Centro de reunión, cultura e esparcimento.

historia4

FOTOS ANTIGAS DA CONSTRUCCION DO LOCAL SOCIAL

Esta idea trasladouse o Concello de Ares e o doante dos terreos que a acolleron favorablemente.

Posteriormente formouse unha Comisión Organizadora e se asociaron a idea un centenar de veciños.

Estableceuse xá unha cuota mensual de 50 pesetas e e o compromiso de levar a cabo os traballos polo sistema de "prestación persoal", traballando en turnos os días festivos.

Pero non había diñeiro para materiales nin ferramentas. O Concello de Ares, presidido por Justo Montero acordóu facer unha aportación de cen mil pesetas que pagaría exclusivamente en materiales. Tamén xestionou outra axuda de otras cen mil pesetas da Diputación.

Esto foi únicamente co que se contou. Todo- lo demáis debese as aportacions dos socios e beneficios de barracas de bebidas que se instalaban durante as festas.

historia5

FOTOS ANTIGAS DA CONSTRUCCION DO LOCAL SOCIAL

Fixeronse xestións e solicitudes de aportacions ante a entonces Delegación de Turismo e a Fundación Barrié de la Maza, sin ningún resultado.

Xá en etapa democrática, fixeronse intensas xestións na Delegación de Cultura.O entonces Delegado Seijas Flores prometeu medio millón de pesetas, pero todo esfumouse. A subvención dixo que dependía de Madrid. (?).

Máis tarde a que era Vicepresidenta terceira do congreso dos Diputados, a coruñesa María Victoria Fernández España, prometeu facer xestions ante o Ministerio de Cultura no que mandaba o seu amigo Pío Cabanillas. E nada.

Fernández España tamén prometeu doar unha biblioteca e tampouco o cumpleu.

historia6

FOTOS ANTIGAS DA CONSTRUCCION DO LOCAL SOCIAL

En fin, os veciños sempre en solitario é de ahí o mérito que supuxo esa obra.

As obras do edificio escomenzaron en xuño 1970 y tivieron varias interrupcions, debido a falta de medios económicos, chegándose incluso a necesidade de algunhos socios, teer que aportar algunhas cantidades do seu peculio particular en concepto de préstamo.

Legalizada a sociedade coa denominación de Centro Cultural Outeiro, elixese a primeira xunta Directiva en 27 de febreiro de 1979.

E, por fin,o sábado 1 de decembro faise a inauguración.

historia1

DELEGADO DE CULTURA Sr. VIDÁN TORREIRA ALCALDE DE ARES Sr.GIL - D. XOSÉ MARIA PÉREZ PARALLÉ - D. FRANCISCO CHOUZA, CURA PÁRROCO- SR. GRELA PRESIDENTE

O acto asistiron o primeiro alcalde de Ares de esta etapa democrática, recientemente elexido José Cortizas Gil, o Delegado Provincial de Cultura Sr. Vidán Torreira e o poeta amigo de esta sociedade Xosé María Pérez Parallé.

historia2

DE ESQUERDA A DEREITA GERARDO SEIJO (DIRECTIVO),COMANDANTE DA GARDIA CIVIL DE MUGARDOS, ROBERTO MAYOBRE (DIRECTIVO),D.FRANCISCO CHOUZA (CURA PÁRROCO),Sr. GIL(EX ALCALDE DE ARES)SR. DOVAL (DIRECTIVO)Sr. VIDÁN TORREIRA (DELEGADO DE CULTURA), Sr. PÉREZ PARALLÉ (POETA),Sr SUBDELEGADO DE CULTURA , Sr JUSTO (ALCALDE DE ARES ) JUÁN JOSÉ RODRÍGUEZ ( DIRECTIVO)

Todos no uso da palabra resaltaron a labor levada a cabo po- los veciños de Chanteiro e se ofreceron para cualquera iniciativa do Centro.

historia3

o socio fundador D. VIRGINIO RODRIGUEZ PORTA descubrindo a placa o dia da inauguración

En nome do Outeiro falaron o presidente Manuel Doval Grela e o secretario Roberto Mayobre Rebón. Estos directivos elexidos para a primeira xunta, xa o foron tamén durante os 10 años da Comisión Organizadora, xunto con outros membros máis.

Logo dos actos protocolarios celebrouse un baile que estivo amenizado po-lo Conxunto musical Los Tambar de Ferrol.